Venden a maior colección de videoxogos do mundo por 1 millón de euros

luns, 9 de xullo do 2012 Marcus Fernández

A colección inclúe a Dreamcast de SEGA con todos os seus xogos

O que podería ser a maior colección de videoxogos posta nunca á venda chegou a eBay nos pasados días xuntando nun único lote o que serían todos os xogos que se lanzaron para 22 consolas de videoxogos, hoxe consideradas clásicas, por un prezo de 999.999,99 euros (aos que habería que sumar 1.000 euros en concepto de gastos de envío) e que tería atopado comprador. Cómpre destacar que esta impresionante colección vendida dende Francia inclúe as correspondentes consolas de videoxogos na súa caixa (novas ou en bo estado).
A colección vendida estaría formada pola consola Nintendo de cartucho (cuns 1.050 xogos), o seu modelo de diskette (cuns 200 xogos, a metade sen abrir), a Virtual Boy (cos seus 19 xogos), a Super Nintendo (cuns 1.500 xogos), a Nintendo 64 (cuns 200 xogos), a Gamecube (cuns 320 xogos), a Master System de SEGA nos seus modelos europeo e xaponés (cun total de 380 xogos), a Game Gear (cuns 200 xogos), a Megadrive (cuns 450 xogos), a Sega Saturn (cuns 1.150 xogos), a Dreamcast (cuns 550 xogos) e outros sistemas da época entre os que non falta o sistema de LaserDisc de Pioneer. Un conxunto de produtos que ben podería empregarse para facer todo un museo do videoxogo.

Algúns dos xogos da SEGA Master System II incluídos no lote vendido por eBay
No lote non faltan xoias como o Donkey Konga de Gamecube

PUBLICIDADE