Varios xogos de PlayStation VR baixan de prezo até o 5 de xaneiro

martes, 20 de decembro do 2016 Marcus Fernández

Aínda que a realidade virtual de Sony é unha completa novidade, consideraron oportuno facilitar que os posuidores dun casco PlayStation VR teñan os xogos máis destacados para esta plataforma, de xeito que até o 5 de xaneiro ofertan varios xogos con descontos de até o 50%.
Aínda que só levan un par de meses no mercado, temos así unha boa oportunidade para facernos coas experiencias envolventes de VR Worlds por 29,99 euros, a experiencia de condución de DriveClub VR por 19,99 euros, e os impresionantes RIGS: Mechanized Combat League, EVE Valkyrie, Robinson The Journey e BattleZone por 39,99 euros cada un.
Algunhas tendas en liña incluso ofrecen cada xogo entre 2 e 5 euros máis baratos que a oferta en vigor, facendo bastante atractiva a promoción que contribuirá a que os afortunados en contar con PlayStation VR poidan tirar proveito desta tecnoloxía para a que aínda hai poucos contidos.

PUBLICIDADE