Varios servizos de Apple e Microsoft non se someterán á DMA

martes, 13 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

No mes de setembro designáronse as compañías que se consideraban gardiás na Internet, debendo someterse á Lei de Mercados Dixitais (DMA), quedando en suspenso a decisión de se certos servizos tiñan un volume de uso dabondo en Europa para xustificar a súa regulación, e finalmente a Comisión Europea resolveu que certos servizos de Apple e Microsoft quedaban libres do estrito novo regulamento.
Concretamente a Comisión considera que o servizo de Mensaxes de Apple non ten que someterse ás mesmas obrigas que WhatsApp e o Messenger de Facebook (que deberán ser interoperables), mentres que Microsoft convenceu do feito de que o seu buscador (Bing), o seu navegador web (Edge) e a súa plataforma publicitaria (Microsoft Advertising) non tiñan unha relevancia en Europa que xustificase someter os servizos a un estrito control.

PUBLICIDADE