Unhas xornadas da CEP ilustrarán sobre a utilidade corporativa das redes sociais e blogs

luns, 3 de decembro do 2007 Marcus Fernández

O vindeiro 13 de decembro a Confederación de Empresarios de Pontevedra organiza unhas xornadas sobre Contactos Empresariais a través de Redes Sociais e Blogs, que pretenden facer un achegamento á Web 2.0 para o que contarán con relatorios de Tomy Pelluz, responsable de Marketing e Comunicación de Neurona.com, que falará o uso das redes sociais para o éxito profesional; José Manuel Alarcón, responsable de produto de Krasis Consulting, que instruirá sobre a comercialización e fidelización de clientes por correo electrónico; Ricardo Pérez Garrido, do Instituto de Empresa, que destacará a importancia dos blogs como imaxe corporativa e Isaac Rubio, director de Novas Canles-Innovación de Caixanova, que exporá un caso práctico de televisión corporativa para a venda de produtos.
As xornadas terán lugar no Auditorio Antonio Ramilo (CEP) en Vigo a partires das 17:00 horas do xoves 13, podendo xa descargarse o formulario de inscrición ás mesmas (en formato MS Word) da web da Confederación.

PUBLICIDADE