Unha solución de software engade controis virtuais aos xogos para Windows

xoves, 12 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Entre as novidades que poden verse estes días no Intel Developer Forum (IDF) de San Francisco non só hai hardware, senón tamén interesante software, entre o que podemos destacar o GestureWorks Gameplay, un novo xeito de interactuar cos xogos para PC que consiste nuns controis virtuais que poden colocarse na pantalla do noso equipo para personalizalos e empregalos en xogos actuais para poder gozar dos mesmos dende dispositivos táctiles como os cada vez máis frecuentes tablets con Windows 8 (ou tamén en ordenadores todo-en-un con pantalla táctil).
Esta nova tecnoloxía verá a luz no mes de novembro, aínda que en outubro xa iniciar unha fase de probas para a que teñen aberta a inscrición na súa páxina web. O atractivo desta solución é evidente, pois fai que os usuarios de equipos con pantalla táctil non teñan que limitar as súas experiencias de xogo a momentos nos que teñan un teclado e un rato a man (ou incluso un mando físico), e poidan xogar a vellos títulos definindo os seus controis a través dun proceso de arrastrar e soltar, de xeito que constrúese unha disposición dos mandos virtuais que pode axustarse tanto aos gustos do usuario como ás necesidades de cada xogo.
Entre os controis virtuais dispoñibles están as pancas de xogo, as crucetas dixitais, os interruptores, as rodas de desprazamento e os botóns, que poden distribuírse pola pantalla e definirse o seu tamaño, opacidade, cor e etiqueta identificativa.


Demostración en vídeo do GestureWorks Gameplay

PUBLICIDADE