Unha exposición amósanos a un Mario con acento galego
mércores 8 de setembro do 2010, por |

- Coñecida revisión de Mario elaborada por Bob Dob
Dende este xoves
e ata o 3 de outubro estará aberta no centro de creación contemporánea Matadero
de Madrid unha exposición de artistas nacionais e internacionais centrada na
reinterpretación do personaxe máis famoso do mundo dos videoxogos, o fontaneiro
Mario.
Once
Upon A Time Super Mario presenta múltiples visións de Mario e do seu
mundo, entre as que podemos destacar a do galego Noé Peláez, quen presenta a un
Mario repoludo rodeado de cogomelos (¿alucinóxenos?), imaxe que convive con
outras caracterizacións do maior heroe do Reino Champiñón, como a ilustración
de Bob Dob na que podemos ver a fotografÃa policial de Mario tras unha noite movidiña e que acadou certa sona en boa
medida pola súa comercialización como adhesivo
para dispositivos de Apple.
A exposición está dividida en distintas áreas, de xeito que na parte central podemos
visitar as mencionadas obras pictóricas, e un conxunto de autómatas
caracterizados coma personaxes dos xogos de Super Mario que móvense con
liberdade polo espazo da Central de
Diseño; tamén ten unha sección chamada Miyamoto’s
way na que a través de distintos paneis explicativos pode repasarse a obra
do creador de Mario. Para rematar, buscan contaxiar ao público co espÃrito
creativo, convidando aos asistentes a reinterpretar a Mario dende o programa Art Academy para a Nintendo DS, aparecendo
as ilustracións creadas no teito do local formando unha selva de imaxes.

- Deseño de Noé Peláez recollido na exposición Once Upon A Time Super Mario

- O eldense Roswell tamén achega a súa particular visión de Mario
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
















