Unha decisión xudicial remata coa aplicación P2P LimeWire

mércores, 27 de outubro do 2010 Marcus Fernández

A aplicación de intercambio de arquivos baseada en Gnutela, e con bastante popularidade no mundo do Mac, LimeWire, vén de cesar as súas actividades tras máis de 10 anos de vida por mor da batalla xudicial emprendida contra a RIAA (o equivalente norteamericano da SGAE) que saldouse cunha sentenza desfavorable a LimeWire, de aí que agora podemos ler na súa páxina web a resolución xudicial que considera ilegal facilitar a descarga desta aplicación informática, seguindo os pasos de Napster, aínda que continuado a existir solucións alternativas que funcionan do mesmo xeito (polo que a eficacia deste tipo de medidas xudiciais sería moi discutible).
Esta sentenza pon fin a actividade dunha aplicación P2P empregada polo 37% dos usuarios deste tipo de redes (o que é unha cota de mercado impresionante, xa que aplicacións tan populares coma o uTorrent confórmanse con 14% dos usuarios), e supón un importante pulo para a RIAA na súa guerra contra as plataformas P2P.


A sentenza xudicial contra LimeWire

PUBLICIDADE