Unha aplicación para iPhone axuda a non superar certa duración nas chamadas

martes, 6 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Os usuarios que teñan un iPhone co iOS4 poden adquirir a aplicación ¡Cuelga!, que é un marcador telefónico que inclúe un cronómetro que avisa cando chegue un tempo marcado, de xeito que os consumidores que teñan plans de voz tipo 60x1 ou 90x1 poderán contar con alertas que os informen da chegada dos límites de duración establecidos para manter as súas conversas dentro das promocións contratadas.
¡Cuelga! véndese a 0,79 euros na App Store, e aínda que parece unha aplicación moi sinxela, de seguro que a agradecerán especialmente os usuarios do iPhone que conten con tarifas de voz con limitacións de duración (ou que subscriban ofertas puntuais).

PUBLICIDADE