Unha aplicación para iPhone facilita a comprobación dos nosos décimos da Lotería de Nadal

mércores, 14 de decembro do 2011 Marcus Fernández

O ano pasado Ideateca conseguiu un grande éxito na App Store coa súa aplicación Lotería Navidad, que permitía introducir os números dos nosos décimos da Lotería de Nadal para non ter que comprobalos unha a un tras o sorteo do 22 de decembro (podendo incluso consultarse os décimos durante a celebración do sorteo), e para atender a demanda deste tipo de aplicacións, veñen de publicar unha nova versión que actualiza os seus datos para o Sorteo de Lotería de Nadal de 2011 e que pode descargarse de balde para iPhone e iPod Touch.
Este tipo de aplicacións son moi frecuentes nestas datas, existindo diversas alternativas tanto na App Store coma no Android Market, demostrando o atractivo que teñen as aplicacións cunha aplicación directa a tarefas cotiás.

PUBLICIDADE