Unha aplicación para Android recolle as nosas citas cinematográficas preferidas

xoves, 19 de abril do 2012 Marcus Fernández

Os propios usuarios encárganse de alimentar de contidos esta aplicación para Android

A empresa compostelá InvBit diseño y desarrollo web estreou hoxe en Google Play a súa nova aplicación Frases de Películas, que permite a consulta de frases célebres de actores e películas, na que son os propios usuarios os que nutren a aplicación de contidos, polo que poderemos tanto realizar as nosas achegas como empregala como pasatempo.
Frases de Películas permite filtrar as frases por película ou actor, deixa consultar as películas máis votadas polos usuarios e tamén as últimas engadidas, aínda que compre destacar que precisa de conexión á Internet para funcionar, pois os contidos da ferramenta están na web, o que permitirá a súa actualización constante sen ter que renovas a aplicación instalada no móbil.

Esta sinxela aplicación achega frases do cine ao noso móbil

PUBLICIDADE