Unha aplicación móbil propón o uso de NFC para erguernos pola mañá

xoves, 20 de xuño do 2013 Marcus Fernández

Aínda que na actualidade os usos da tecnoloxía NFC aínda sexan bastante limitados, o feito de que estea presente en numerosos teléfonos móbiles pode contribuír a empregala para usos orixinais, como o que fai a aplicación WakeUpAlarm para Windows Phone 8, que trátase dunha solución de reloxo espertador con 5 alarmas que entre as súas opcións inclúe o feito de apagar o son da alarma achegando o novo smartphone a unha etiqueta NFC que podemos situar a certa distancia da cama para instarnos a desprendernos das sabas ao erguernos pola mañá.
Esta aplicación que está á venda por 0,99 euros non está limitada ao NFC para poder empregarse, senón que tamén permite programar as súas alarmas para que poidan desactivarse premendo sobre a súa pantalla ou escaneando un código QR que xera a aplicación e que podemos imprimir como alternativa económica (aínda que moto menos práctica) ás etiquetas NFC.

PUBLICIDADE