Unha aplicación móbil permite enviar SMS de balde

martes, 29 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Sabeer Bhatia, un dos fundadores de Hotmail, fundou con Yoguesh Patel o servizo móbil JaxtrSMS, que a través dunha aplicación que pode instalarse na meirande parte de terminais móbiles que poidan facer uso de conexión de datos (por redes móbiles ou por Wi-Fi) permite o envío de mensaxes de texto de balde que, en contraste con outros servizos semellantes, irán asinados polo seu remitente real.
Durante a presentación deste proxecto empresarial, Sabeer Bhatia asegurou que “hoxe a oportunidade móbil é maior que a Internet. Mentres en 2003 superáronse os 3.000 mensaxes de texto enviados, o número podería chegar aos 12 billóns en 2015, o que é un volume moi elevado. Queremos revolucionar este espazo facendo as SMS de balde”.
JaxtrSMS conta con aplicacións de balde para iPhone, para Android, para BlackBerry e outros dispositivos (como móbiles Symbian, Nokia e con Java) polo que practicamente funciona dende calquera móbil actual, resultando atractivo o feito de que pode aproveitar calquera conexión á Rede para operar (polo que sen contar cunha tarifa plana de datos sería posible facer uso deste atractivo servizo) e que os destinatarios das mensaxes poidan estar en calquera lugar do mundo.
Estas aplicacións son totalmente de balde, funcionan co número de teléfono do usuario e para facilitar o seu uso, pode acceder á axenda dos móbiles para elixir os destinatarios das mensaxes.

A aplicación de JaxtrSMS está dispoñible para Android, iPhone e outra plataformas

PUBLICIDADE