Unha aplicación móbil axuda a localizar os bares que serven tapas coa consumición
luns, 27 de marzo do 2017
Para topar locais de hostalarÃa que se axusten ás nosas
demandas é habitual empregar ferramentas como TripAdvisor, Foursquare e
semellantes, pero para usos máis especÃficos hai oco para novas aplicacións
como Tappear, que vén de estrearse
na App Store
e en
Google Play, onde pode descargarse completamente de balde converténdose
nunha interesante proposta para todos aqueles galegos ou turistas na nosa
comunidade que gusten de degustar unha tapa acompañando ás súas consumicións.
Tappear facilita a localización e o descubrimento de bares que serven tapas
coas consumicións, de xeito que esta sinxela ferramenta indÃcanos locais nas
nosas proximidades asà como información de interese como os seus horarios, as
súas especializadas e a dispoñibilidade de terraza, enriquecendo a ficha de
cada establecemento con fotografÃas das tapas que preparan e con atallos para a
súa localización no mapa, visitar a súa páxina web oficial e incluso para
contactar co local por teléfono.
Estamos ante unha aplicación moi visual, xa que a forza da mesma recae nas
fotografÃas, e aÃnda que actualmente o catálogo de locais e de imaxes
aÃnda é limitado, no futuro procurarán
que a participación dos usuarios propicie o engorde desta relación de bares que
teñen o costume de ofrecer tapas aos seus clientes como cortesÃa.
Para facer máis accesible esta aplicación, Tappear está dispoñible en galego,
español e inglés, ou sexa, que tanto os galegos como a xente que veña de fóra
poderá tirar proveito da ferramenta para gozar dunha face fundamental da nosa
gastronomÃa.