Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Unha aplicación galega para iPad facilita a aprendizaxe de idiomas

mércores 25 de maio do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Entre os proxectos finalistas da categoría Mellor idea de negocio 2.0 – mellor start-up galega da I Edición dos Premios INNOVA-G 2010 figuraba Binaurality, un método para a aprendizaxe de idiomas baseado na escoita binaural, accesible en formatos portátiles para o seu aproveitamento en reprodutores de MP3, teléfonos móbiles… e agora tamén no iPad, pois nos últimos días incorporouse á App Store a aplicación Escucha y Aprende inglés, que pode adquirise por 2,39 euros e que inclúe unha serie de leccións que consisten en escoitar simultaneamente frases en inglés e o seu equivalente en español a través de locucións tecnicamente estudadas e deseñadas cun volume específico para facilitar a escoita.
É preciso empregar auriculares para poder gozar desta aplicación que, ao empregarse nun dispositivo doado de transportar, facilita o aproveitamento do noso tempo libre para a aprendizaxe de idiomas.
Aparte desta versión para que usuarios hispanofalantes aprendan inglés tamén teñen a súa versión inversa, Listen & Learn spanish, que emprega o mesmo método para a aprendizaxe do español.

JPEG - 97.8 KB
Para o uso desta metodoloxía de aprendizaxe de idiomas é preciso empregar auriculares
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS