Unha aplicación facilita a comunicación móbil ás parellas

xoves, 14 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Couple está dispoñible para Android e iOS

Co gallo da celebración de San Valentín renóvase Couple, unha aplicación móbil para iPhone e Android, que ofrece ás parellas a posibilidade de gozar dun espazo compartido a través dos seus móbiles para poder chatear, enviar mensaxes de voz, debuxar (en tempo real), compartir a localización, intercambiar fotografías e vídeos e incluso facer videoconferencias, todo dun xeito doado e mantendo a intimidade. A última actualización da aplicación ofrece unha funcionalidade que pretendían ter dende o primeiro momento, e que pode resultar especialmente atractiva: o envío de fotografías secretas, que é como chaman en Couple a imaxes que elimínanse de xeito automático despois de verse (algo semellante ao que Facebook fai coa aplicación Poke, pero orientando a prestación a un uso máis concreto).
Dende a compañía detrás de Couple aseguran que a aplicación superou as 850.000 descargas e está a mover uns 2 millóns de mensaxes ao día, polo que parece que esta idea é todo un acerto.


Vídeo de presentación da aplicación móbil

PUBLICIDADE