Unha aplicación catalá converte o iPad nun piano de xoguete
luns, 26 de maio do 2014
Pensando en amenizar a cativos de ata 10 anos, o barcelonés
Daniel Llamas Soto estreou este mes na App Store a aplicación
para iPad My Little Piano!, que emula un dos tÃpicos pianos de xoguete con
teclas de distintas cores e a posibilidade de interpretar melodÃas con
multitude de instrumentos e sons. Podemos ter asà un sinxelo piano virtual que
tamén pode soar coma unha guitarra clásica, un xilófono ou unha caixa de sons
de animais, debuxos animados ou transportes. Incluso pode imitar a un
sintetizador (co estilo sonoro dos videoxogos de 8 bits). Tamén inclúe 4 ritmos
cÃclicos que poden irse reproducindo ao tempo que se experimenta co teclado.
Esta divertida aplicación para cativos pode adquirirse por 0,89 euros e non
inclúe ningún tipo de cargo oculto (para tranquilidade dos pais). Podemos vela
en acción no seguinte vÃdeo: