Un xogo para móbiles Nokia mestúrase coa realidade

martes, 29 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios de móbiles Nokia E65, N71, N73, N93, N95, N81, N82, 5700 XpressMusic, 6110 e 6120 poden adquirir por 7 euros o xogo The Bubblies, que supón unha interesante innovación nos xogos de coidado de mascotas (coma os Tamagotchi ou os Nintendogs) ao incorporar tecnoloxía de realidade mesturada, pois a aplicación instalada no móbil fai uso da cámara para presentar á nosa mascota no mundo real, de xeito que o podemos ver sobre unha mesa ou voando polo noso domicilio.
Para interactuar co bubblie tamén facemos uso da cámara, xa que serán as nosas propias mans as que permitirán acariñar á mascota, que tamén xogará á pelota (á que lle podemos dar cos nosos propios pés) ou recollerá os discos que lancemos. En definitiva, un xogo realmente revolucionario que podería crear escola.


Pequena demostración do xogo

PUBLICIDADE