Un torneo de Gears of War 4 repartirá un millón de dólares en premios

martes, 2 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Aínda que os deportes electrónicos están asociados principalmente ao PC, o resto de consolas tamén teñen moito que dicir nas grandes competicións internacionais de videoxogos, e un dos principais lanzamentos do ano para a consola de Microsoft, Gears of War 4, xa está a quecer motores, de aí que anuncien que chegaron a un acordo coa produtora de deportes electrónicos The Coalition para organizar o Gears eSports Pro Circuit, unha competición que contará con eventos en directo da Major League Gaming (MLG) e Gfinity que contará cun millón de dólares en premios en efectivo.
Os xogadores de todo o mundo poderán gañar Gears Pro Points competindo nos torneos rexionais en liña de MLG GameBattles que abrirán o acceso aos abertos internacionais que terán lugar cada 1-2 meses entre o lanzamento de Gears of War 4 en outubro e xullo de 2017. Este abertos terán un formato de dobre eliminación no modo de xogo competitivo chamado Escalation (de 5 contra 5) e xa están programados os encontros en Columbus (EE.UU.), Londres, Cidade de México, París e Las Vegas, localizacións ás que engadirase outra máis.

Vídeo promocional do novo torneo profesional de videoxogos

PUBLICIDADE