Un programa fai máis doado ós estudantes a elaboración de chuletas

luns, 18 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Os estudantes que queiran facer trampa nos exames e copiar poderano ter máis doado grazas a Chuletas v4.5, un programa informático que permite elaborar chuletas de calidade valéndose da resolución das impresoras actuais e apoiándose en toda unha comunidade de chuleteiros que aproveitan as bondades da Web 2.0 para compartir coñecementos, experiencias, trucos e técnicas sobre o que algúns consideran toda unha arte.
A última versión, que funciona en Windows XP e Vista, presenta unha interface semellante á do Office 2007, permite incluír fórmulas matemáticas complexas, formatea texto enriquecido, permite a impresión por unha ou dúas caras, comprime o texto para que a chuleta ocupe o menos posible e mesmo inclúe unha opción para ocultar a fiestra da aplicación de xeito rápido.

PUBLICIDADE