Un par de vídeos amosan como serán as fases de Leon en Resident Evil 6

xoves, 21 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Para crear expectación de cara ao lanzamento do xogo Resident Evil 6 o vindeiro 2 de outubro, Capcom vén de publicar un par de vídeos nos que podemos ver como será a campaña do xogo cando empreguemos a Leon S. Kennedy como protagonista, imaxes que contribúen a incrementar a confianza neste título, pois presenta unha estética escura e terrorífica, afastándose un chisco da mecánica de shooter que estaba a tomar a saga.
Resident Evil 6 presentará 3 campañas distintas protagonizadas por Leon S. Kennedy, Chris Redfield (protagonista de Resident Evil 5, que promete moita máis acción que Leon) e e Jake Muller (fillo de Albert Wesker), de xeito que cada personaxe amosará un enfoque diferente da historia e da mecánica de xogo, quedando a dúbida de se esta estratexia satisfará a varios tipos de xogadores ou conseguirá o efecto contrario.


Primeiro fragmento de vídeo de Leon en Resident Evil 6


Continuación do vídeo anterior

PUBLICIDADE