Un par de vídeos amosan a nova tecnoloxía de E Ink

xoves, 22 de abril do 2010 Marcus Fernández

Pese a que moitos consideran que o iPad é o eReader killer, o certo é que a tecnoloxía baseada en tinta electrónica aínda non dixo a última palabra, de en Red Ferret adiantan o que achegará E Ink nos vindeiros meses, pois tiveron acceso a un par de prototipos da compañía que podemos ver en vídeo para apreciar, por unha banda, unha mellora substancial da velocidade de refresco (que aínda non é suficiente para unha boa reprodución de vídeo, pero permite a visualización de pequenas animacións), o dobre de niveis de gris e un contraste 12:1.
A maiores tamén amosaron unha versión dos paneis de E Ink cunha fabricación máis resistente, de xeito que aguantarían golpes, polo que serían ideais para contornos de traballo ou usos educativos.


Vídeo no que pode verse a mellora da velocidade de refresco da tecnoloxía de E Ink


Curioso panel de E Ink de grande resistencia.

PUBLICIDADE