Un novo xogo móbil permitiranos acudir á escola de maxia de Harry Potter

xoves, 26 de abril do 2018 Marcus Fernández

Aínda que xa van bastantes anos dende a publicación dos libros e a estrea dos filmes de Harry Potter, a franquía segue moi viva, e como mostra diso temos que chega a dispositivos móbiles o xogo Harry Potter: Hogwarts Mistery, que xa podemos descargar de balde para iOS e para Android.
Estamos ante o primeiro xogo no que os usuarios poden crear o seu propio personaxe que poderá acudir como estudante a Hogwarts, a escola de maxia do mundo credo por J.K. Rowling, e que permitiranos progresar ao longo dos 7 anos que dura a formación en maxia e feitizos, podendo elixir entre as tres casas (Gryffindor, Slytherin, Ravenclaw ou Hufflepuff) que competirán en diferentes disciplinas.
O xogo permitiranos aprender feitizos e pocións e construír amizades, así como participar en competicións e misións, vivir numerosas aventuras, desvelar misterios e incluso cruzarse con caras coñecidas polos incondicionais da saga literaria e cinematográfica.
Aínda que o xogo poida instalarse de balde, inclúe compras dentro da aplicación (para adquirir xemas e moedas para así poder desbloquear elementos).

No xogo teremos que desenvolvernos en Hogwarts como un estudante máis.

Tráiler de lanzamento de Harry Potter: Hogwarts Mistery

PUBLICIDADE