Un mando de PS4 conmemorará os 20 anos da PlayStation orixinal

venres, 4 de setembro do 2015 Marcus Fernández

Sony quixo celebrar os 20 anos da PlayStation cunha edición especial da PlayStation 4 que vendeuse a través dunha poxa solidaria, pero tamén pensou en usuario modestos, que xa teñen unha PS4 e non conta cos cartos para facerse cunha das consolas de edición limitada que superaron por varios centos de euros o seu prezo de mercado, de aí que para facilitar que os usuarios fieis poidan experimentar de preto a celebración nostálxica, van pór á venda o vindeiro día 16 un mando DUALSHOCK 4 Edición 20 Aniversario, que presentará as cores da PlayStation orixinal.
Este mando terá unha edición bastante limitada, polo que os que queiran lembrar a primeira consola de Sony deberán bulir para facerse cunha destas unidades de colección e con certo aire retro.

PUBLICIDADE