Un dos fundadores de Jajah vaticina que as chamadas telefónicas serán case de balde no futuro

mércores, 23 de maio do 2007 Marcus Fernández

O xornal El Mundo entrevistou a Roman Scharf, cofundador de Jajah, comentando os servizos de telefonía IP que oferta a súa compañía e que destacan por non precisar o ordenador para establecemento das chamadas, sendo tamén compatibles co móbil e achegando así unha telefonía económica e doada de utilizar.
Scharf afirmou que “a telefonía será practicamente gratuíta no futuro” comparando o servizo de voz con outros servizos universais como a auga corrente, posto que “a chave é manter a conectividade”, tendencia que xa se comeza a ver no mercado español actual con tarifas planas.
Tamén asegurou que a súa empresa non supón unha ameaza para as operadoras telefónicas tradicionais, posto que os usuarios de Jajah non se dan de baixa as súas liñas telefónicas por contar con tarifas caras e tamén perciben un importe polas chamadas efectuadas a través do servizo (que son locais).

PUBLICIDADE