Ubisoft anuncia un xogo que devolverá á vida bonecos dos anos 80 como os de He-Man e G.I. Joe

mércores, 10 de xuño do 2015 Marcus Fernández

Sony realizou hoxe un anuncio realmente sorprendente, xa que deu a coñecer o xogo Toy Soldiers: War Chest, un título que busca atraer aos xogadores que eran nenos nos anos 80, xa que introducirá nun universo virtual numerosas liñas de xoguetes entre as que destacan especialmente os G.I. Joe e He-Man e os Amos do Universo.
Este xogo que chegará no verán será unha mestura entre tower-defense e xogo de acción, que permitirá situacións tan absurdas como ver a bárbaros musculados loitando contra soldados modernos con armamento láser, o que podería considerarse como un xeito de recrear a experiencia de xogar con boneco.
Dende Ubisoft confirman que no xogo veremos moitas caras coñecidas como He-Man, Battle Cat, Man-At-Arms ou Duke dos G.I. Joe, aínda que advirten que hai un par de faccións moi atractivas que anunciarán máis adiante. As catro forzas licenciadas para o xogo estarán dispoñibles nunha edición Hall of Fame que poderá adquirirse por 29,99 dólares, sendo posible adquirir por 14,99 dólares unha versión básica do xogo á que engadir distintas licenzas de xoguetes por separado mediante pagamento. O xogo comercializarase para Xbox One, PlayStation 4 e PC.


Vídeo de presentación de Toy Soldiers: War Chest

PUBLICIDADE