Ubisoft anuncia novos xogos de Assassin’s Creed
luns, 12 de setembro do 2022
Ubisoft aposta pola franquÃa de Assassin’s Creed con
máis forza que nunca, con toda
unha serie de xogos que están a desenvolverse, e dos que o principal
expoñente serÃa Assassin’s Creed Mirage, unha entrega principal da saga
que estará ambientada no século IX en Bagdag e protagonizada por Basim Ibn Is’haq,
o Oculto que puidemos ver en Assassin’s Creed Valhalla (aÃnda que menos
maduro, xa que a nova historia está ambientada 20 anos antes).
Este xogo promete ser máis breve e narrativo que as últimas entregas da serie
(na liña das primeiras entregas, que podÃan completarse en 10-15 horas), e permitirannos
vivir a evolución de Basim, quen irán mellorando as súas habilidades e
comprender o novo credo que dá lugar aos
Ocultos, orde dos primeiros Assassins que medrarán até converterse en Mestres
Assassins.
En Mirage veremos como Basim terá que tirar proveito da súa habilidade
para trepar nun contorno urbano a grande escala, saltando por tellados,
escalando torres e facendo parkour para evitar aos gardas polos catro
distritos de Bagdad, o que claramente lembra ás primeiras entregas da saga,
aÃnda que tamén teremos elementos modernos como a aguia Enkidu, que
inspeccionará as zonas dende o ceo e marcará aos inimigos para a súa eliminación
sixilosa.
Assassin’s Creed Mirage verá a luz en 2023 en Xbox Series X|S, Xbox One,
PS5, PS4, PC e Amazon Luna.
Pero non é o único xogo de Assassin’s Creed que está en desenvolvemento,
xa que dende Ubisoft Quebec están a traballar en Assassin’s Creed Codename
RED, un xogo de rol de mundo aberto ambientado no Xapón feudal; Ubisoft
Montreal traballa en Assassin’s Creed Codename HEXE; ambos
desenvolvementos forman parte de Assassin’s Creed Codename INFINITY,
unha plataforma que conectará aos xogadores a través de distintas experiencias,
e traerá un novo modo multixogador cunha experiencia independente. A maiores
tamén teremos Assassin’s Creed Codename JADE, que será un grande tÃtulo
de rol, acción e aventura ambientado na antiga China que destaca por funcionar
en dispositivos móbiles.
Ubisoft tamén adiantou que están a desenvolver unha serie de acción de Assassin’s
Creed con Netflix, asà como un videoxogo que será exclusivo para
subscritores da plataforma de streaming.
VÃdeo de presentación de Assassin’s Creed Mirage