Ubiquity permite dar ordes ao Firefox

xoves, 15 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Engadir un mapa nun correo electrónico é unha das moitas posibilidades que achega Ubiquity

Mozilla anunciou o lanzamento da versión 0.1.5 de Ubiquity, un engadido para o Firefox que permite conectar a web coa linguaxe, de xeito que os usuarios poden premer simultaneamente a tecla de control e a barra espaciadora para abrir unha caixa na que introducir ordes ao navegador que facilitan funcións coma buscar en Amazon, YouTube e Flickr, modificar elementos do navegador, traducir textos, comprobar o calendario ou incluso engadir mapas a través de webmail para axudar na localización dun lugar.
A revisión deste engadido para o Firefox mellora a súa aparencia estética, permite personalizar o seu aspecto a través de peles CSS, mellora a súa velocidade e estabilidade e fai máis doada a introdución de ordes cunha función de autocompletado que lembra á barra de enderezos do Firefox 3.
Quedará por ver se esta tecnoloxía madura axeitadamente, pero non sorprendería que non futuro se integrase de serie no propio navegador da Fundación Mozilla.


Explicación do que é Ubiquity

PUBLICIDADE