Twitter renova a súa aplicación para Android
venres, 11 de febreiro do 2011
Os
usuarios de móbiles con Android veñen de recibir unha actualización á versión
2.0 da aplicación
cliente de Twitter para a súa plataforma, que supón un importante
redeseño da súa interface de usuario, que agora é máis sinxela e lixeira
(máis propia do actual deseño web de Twitter) e incluso permite acceder a
buscas e temas do dÃa sen estar identificados coma usuarios.
A nova aplicación tamén incorporou a busca universal en Twitter, de xeito que
podemos buscar tuiteos por termos,
por proximidade xeográfica ou de xeito con nomes de usuario incluÃdos en tal
termo.
Para poder instalar a nova versión desta aplicación é preciso contar con
Android 2.1 ou superior.
- A nova versión de Twitter para Android presenta un novo deseño