Twitter permite recuperar a orde cronolóxica inversa en iOS

mércores, 19 de decembro do 2018 Marcus Fernández

En 2016 Twitter decidira abandonar a súa tradicional orde cronolóxica inversa para presentar os chíos, de xeito que sen despegarse da actualidade, achegaban unha selección de chíos importantes das persoas que seguimos e incluso coaban publicacións de persoas ás que non seguimos directamente e información sobre a actividade doutros usuarios. Este cambio, pese a que favorece un maior e mellor uso da plataforma social non foi do agrado de todos, de xeito que converteuse nunha reivindicación constante a volta á situación anterior, e hai tres meses Twitter adiantou que estaba a preparar unha medida semellante, que por fin entra en aplicación, xa que a última versión da aplicación de iOS de Twitter incorpora un novo botón que permítenos conmutar na nosa cronoloxía entre os últimos chíos e os chíos máis importantes, dando así ao usuario a oportunidade de escoller o que considere máis axeitado.
Esta novidade chegará á aplicación para Android de Twitter en breve.
Cómpre salientar que o sistema de presentación actual resulta moi interesante para os usuarios que non están todo o día pendentes de Twitter, mentres que retomar o rigor da cronoloxía inversa pura é unha opción que principalmente estaría dirixida a usuarios moi intensivos.

PUBLICIDADE