Twitter para Windows 10 incorpora importantes novidades

martes, 8 de setembro do 2015 Marcus Fernández

Non era ningún misterio que a aplicación de Twitter para Windows 10 estaba chea de carencias, faltándolle moitas funcionalidades que moitos considerarían esenciais, pero a súa última actualización parece ter solucionado a situación, de xeito que a ferramenta xa incorpora a posibilidade de xestionar múltiples contas de usuario, permite citar chíos (mediante o método actual que permite aforrar caracteres en tal operación) e tamén soporte as nosas listaxes, aínda que como elemento máis visible destaca a aparición da sección Sucediendo ahora, na que se recolle o máis destacado nesta plataforma social e que sorprende coa súa estrea en Windows cando esta funcionalidade aínda está en probas noutras plataformas como iOS.
A sección de Sucediendo ahora parece querer ser unha especie de portada dun xornal, recollendo información relevante para o público xeral, pero non estando seleccionada en función do usuario particular, o que pode facer que conte con pouco interese ou simplemente pase a verse como unha especie de Trending Topic máis visual.

PUBLICIDADE