Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Twitter estrea aplicación oficial para iPad

xoves 2 de setembro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Twitter pouco a pouco vai facilitando o seu uso dende dispositivos portátiles mediante aplicacións oficiais, e ao igual que os móbiles con Android e o iPhone teñen as súas, faltaba a do iPad, e finalmente chegou a través dunha aplicación universal, ou sexa, que a mesma aplicación que funciona no iPhone (dende a súa versión 3.1), ao instalarse no iPad presenta unha aparencia totalmente distinta, adaptada ao maior tamaño da pantalla e incorporando unha interface de usuario baseada en paneis deslizantes que resulta bastante práctica, aínda que non contenta a todos os usuarios por igual.
Ata o momento existían múltiples aplicacións para acceder a Twitter dende o iPad, pero moitas delas eran de pagamento, de aí que sexa benvida unha aplicación oficial de balde, que presenta moitas das prestacións das ferramentas premium coma poder acceder a imaxes, vídeos ou novas enlazadas dende Twitter sen saír da aplicación. Tamén fai uso de xestos multi-táctiles, polo que estamos ante unha aplicación bastante creativa, que serve de exemplo dos cambios de interface que achegan os tablets para o seu uso.

JPEG - 157.8 KB
A aplicación para iPad reparte a súa interface en paneis laterais
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS