Twitter estrea aplicación oficial para Android 2.1

venres, 30 de abril do 2010 Marcus Fernández

Baixo o lema de «os robots tamén gustan de compartir» Twiiter estea unha aplicación oficial para o sistema operativo Android, que pretende axudar aos usuarios desta plataforma de microblogging a compartir fotografías, vídeos, páxinas web, localizacións, comentarios… de todo, a través do seu móbil, para o que xa existían distintas aplicacións, pero ningunha delas oficial, aínda que polo momento só está dispoñible para Android 2.1.
A aplicación permite consultar os tuiteos dos nosos amigos, publicar os propios, ver tuiteos xeolocalizados, relacionar a nosa axenda de contactos con Twitter e integrar a aplicación con outros programas instalados, e supón un reforzo da nova estratexia de Twitter para controlar a súa presenza nos terminais móbiles, que nos pasados días tamén quedou patente coa estrea dunha aplicación oficial para terminais BlackBerry e o anuncio da transformación da aplicación de pagamento para iPhone Tweetie 2 nun cliente oficial de Twitter de balde.


Vídeo no que podemos ver o funcionamento de Twitter nun terminal con Android

PUBLICIDADE