Twitter estrea a emisión de vídeo en directo

mércores, 14 de decembro do 2016 Marcus Fernández

O progreso da integración de Periscope dentro de Twitter continúa a avanzar, e finalmente xa non é preciso ter instalada a aplicación de Periscope para facer unha retransmisión en directo, senón que podemos emitir vídeo en vivo directamente dende Twitter con só premer o botón correspondente.
A aplicación presenta unha previsualización do vídeo captado polo móbil para que poidamos dar ao botón de Retransmitir en directo cando esteamos listos, facilitando que a partir dese momento os usuarios de Twitter e Periscope poidan incorporarse á retransmisión, interactuando como é habitual en Periscope. Deste xeito os directos de vídeo desde Twitter tamén terán os peculiares corazóns que os espectadores poden mandar premendo directamente sobre as retransmisións, indicando así que gustan do vídeo que están a ver.

Coas retransmisións de vídeo en directo dende Twitter complétase a integración de Periscope no servizo

PUBLICIDADE