Twitch impón unha normativa sobre a vestimenta provocativa
martes, 28 de outubro do 2014
- Usuarios como Alinity conseguiron certa sona polo seu atractivo fÃsico, algo que parecen querer evitar en Twitch
AÃnda que o futuro de Twitch tras a súa compra
por parte de Amazon continúa a ser unha incógnita, parece que se preparan
cambios no servizo, ou cando menos pretenden que no mesmo impere o sentido
común, e veñen de actualizar as
súas normas de conduta incluÃndo unha sección sobre vestimenta apropiada,
na que aseguran que aÃnda que a xente friki
sexa sexy, o obxectivo de Twitch é
centrarse nos xogos e non nos corpos dos xogadores.
Deste xeito prohiben aparecer nas retransmisións sen roupa ou con roupa
suxestiva (roupa interior, traxes de baño...), detallando incluso a prohibición
dos torsos espidos, tanto masculinos coma femininos. Dado que en certas
condicións resulta complicado xogar con camiseta por facer moita calor, dende
Twitch lembran que para cumprir as súas normas chega con centrar a cámara na
cara do usuario en vez de no seu corpo e aseguran que este novo detalle nas súas normas é máis unha aclaración dunha dúbida recorrente que unha nova norma.
- En Twitch hai certos usuarios que explotan a súa imaxe fÃsica para gañar seareiros