Twitch estrea un karaoke de balde

martes, 16 de abril do 2019 Marcus Fernández

A plataforma de retransmisión de vídeo en directo centrada nos videoxogos, Twitch, deu un interesante paso nos últimos días co lanzamento de Twitch Sings, un xogo de karaoke para PC que pode descargarse completamente de balde e que semella un enfoque refrescante a este xénero, xa que está enfocado ao streaming.
Twitch Sings achega un amplo catálogo de cancións, conta con modos multixogador e permite chatear directamente durante as actuacións, de xeito que temos un karaoke que vai máis aló dos nosos equipos, e busca emular a diversión do karaoke tradicional ao permitir vivir a experiencia con máis xente.<br< Os usuarios poden cantar en solitario ou convidar a amigos e a membros da comunidade a unirse para cantar a dúo, mentres que os participantes nos chats poden solicitar cancións e propor retos divertidos durante os temas.
O xogo non só ten un amplo catálogo musical, senón que tamén ofrece diversidade de decorados virtuais e opcións de personalización para os avatares que suben aos escenarios, ofrecendo un espectáculo que pode transmitirse en directo simplemente premendo un botón.

PUBLICIDADE