Tras superar o millón de copias confírmase que Dragon’s Dogma será unha franquía

luns, 25 de xuño do 2012 Marcus Fernández

Capcom anunciou que a un mes do seu lanzamento o xogo Dragon’s Dogma superou o millón de unidades vendidas na súas versión para Xbox 360 e PlayStation 3, éxito que revalida a compañía neste título, de xeito que aseguran que xa están a traballar en convertelo nunha nova franquía que se sume a marcas de tanto peso como Monster Hunter e Sengoku BASARA.
Con estes resultados Dragon’s Dogma sería o 55º título de Capcom en superar o millón de unidades vendidas, deixando claro o peso das súas producións no panorama mundial dos videoxogos. A compañía nipona tamén asegura que vai continuar a lanzar contidos descargables para os seus xogos descargables (Dragon’s Dogma incluído, claro).

A incursión de Capcom neste xénero de xogos foi bastante atinado se atendemos ás vendas de Dragon’s Dogma

PUBLICIDADE