Touri e Tamar Novas participarán na vindeira edición de SINFILTRO

luns, 27 de novembro do 2023 Marcus Fernández

O vindeiro 13 de decembro a sede de Afundación na Coruña acollerá a nova entrega de SINFILTRO, programa organizado por Marcelo Castelo, que nesta ocasión estará acompañado por, entre outros, os actores Xosé Antonio Touriñán e Tamar Novas, cos que manterá unha conversa divertida.
Esta cita chega co lema cara o futuro e máis aló, e para poder acudir é preciso inscribirse a través de Ataquilla.com, indo a parar os cartos recadados pola iniciativa ao programa Cultura por Alimentos, incrementando así os recursos do Banco de Alimentos Rías Altas.
O encontro servirá para presentar o barómetro Hábitos, prácticas e benestar do tecnólogo en España por parte de Fernando Suárez, presidente do CPEIG, e Alberto García, director xeral de CIE.
A continuación, Verónica Bolón Canedo, profesora e investigadora da UDC que recibiu numerosos galardóns nos últimos anos, impartirá un relatorio titulado A IA verde: que pode facer a IA contra o cambio climático?.
Tras estas dúas presentacións celebrarase unha mesa redonda coa participación de Verónica Bolón (UDC), Felisa Parrilla (Grupo Osborne), Jordi Sicilia (Gallenicum Health), Enric Rovira (Farggi La Menorquina), Alejandro Expósito (Merck) e Eduard Martín (Mobile World Capital).

PUBLICIDADE