Tinder mellora a súa seguridade
xoves, 23 de xaneiro do 2020
As
aplicacións móbiles de citas teñen moitos problemas de seguridade, e para
mellorar esta situación dende Tinder están
a estrear un sistema de verificación fotográfica (para confirmar que a
persoa detrás dun perfil é quen di ser) e tamén unha función de chamada aos
servizos de emerxencia.
O sistema de vferificación fotográfica requirirá que os usuarios realicen selfies
en tempo real que encaixen coas fotografÃas publicadas na aplicación, para que
o equipo de Tinder poida verificar que o perfil é verÃdico e asà incluÃrlle
unha marca de verificación de cor azul, de xeito semellante ao que acontece cos
perfÃs verificados noutras redes sociais. Deste xeito preténdese loitar contra
certos enganos bastante frecuentes.
Tinder tamén chegou a un acordo coa aplicación de seguridade Noonlight, só
operativa en EE.UU., pero que servirá como centro de seguridade para as citas
concertadas a través da Internet, de xeito que poderase rexistrar quen queda
con quen e cando, para maior tranquilidade dos involucrados, e coa posibilidade
de chamar aos servizos de emerxencia de xeito doado.
Resulta curioso que para protexer aos seus usuarios Tinder optase por asociarse
cun servizo externo, en vez de operar directamente.