The Humble Bundle oferta varios xogos de Deep Silver
mércores, 31 de xullo do 2013
- Saints Row: The Third é o xogo central deste novo Humble Bundle
Os lotes de videoxogos recompilados na iniciativa The Humble Bundle permiten que sexan os
propios compradores os que decidan tanto o prezo a pagar polos mesmos, como o
reparto que se fai destas cantidades entre desenvolvedores, organizadores da
iniciativa e entidade benéficas, o que é un importante reclamo para moitos
xogadores que aproveitan a oportunidade para facerse normalmente con xogos
independentes, dende onte, e durante un par de semanas está dispoñible un
atractivo grupo de xogos de Deep Silver que poden descargarse a través de
Steam e que desta volta chega baixo 3 rangos de prezos: quen pague dende 1 dólar terá os xogos Saints Row: The Third, Saints Row 2, Risen 2: Dark Waters e Sacred 2 Gold; quen
pague máis da media (4,93 dólares no momento de escribir estas liñas) recibirá
tamén todos os contidos
adicionais de Saints Row: The Third e a edición xogo do ano de Dead Island; e, finalmente, os que
paguen dende 25 dólares poderán ter tamén o recente Dead Island:
Riptide.
O atractivo deste novo Humble Bundle parece evidente, o que demostran que en
menos dun dÃa conseguise vender máis de 200.000 copias, o que supuxo uns
ingresos de preto dun millóns de dólares.
- Os que paguen máis de 25 dólares recibirán tamén o xogo Dead Island: Riptide
VÃdeo promocional do novo Humble Bundle