Telegram estrea aplicación oficial para Windows Phone

mércores, 28 de maio do 2014 Marcus Fernández

Tal e como comentamos a semana pasada, a aplicación Ngram para Windows Phone 8 converteuse finalmente en Telegram Beta, de xeito que o cliente non oficial da plataforma de mensaxería instantánea que emerxeu como un prometedor competidor de WhatsApp (aínda que non remata de consolidarse) transfórmase en aplicación oficial, o que fará máis doado aos usuarios do sistema operativo móbil de Microsoft a localización dunha ferramenta para empregar este sistema de comunicación persoal, á vez que aproveita o baleiro que existe actualmente na tenda de aplicacións de Windows Phone, da que desapareceu temporalmente WhatsApp para corrixir un erro na popular aplicación.
Pese a que Ngram xa é a aplicación oficial de Telegram, na páxina web do servizo aínda non figura como tal, posiblemente por estarmos ante unha ferramenta que aínda está en Beta (achegando unha experiencia de uso bastante mellorable).
A nova aplicación destaca por estar en español e terse adaptado xa ao futuro Windows Phone 8.1.

PUBLICIDADE