Telefónica poderÃa vender un iPhone con 3G a partir de maio de 2008
luns, 12 de novembro do 2007
A chegada do iPhone a Reino Unido e Alemaña está a
causar furor, e a finais de mes tamén chagará a Francia, pero o móbil de Apple
tardará en chegar ó resto de Europa por dificultades para atender á
impresionante demanda que está a ter este dispositivo, pero a paciencia en paÃses
coma España se poderÃa compensar con novas prestacións pois, como xa apuntamos en setembro,
parece confirmado que Telefónica distribuirá en maio un novo iPhone que contará
con tecnoloxÃa 3G, o que supón unha mellora realmente importante que fai
posible unha banda larga móbil con boa cobertura (xa que os terminais actuais só
funcionan con conectividade móbil GPRS/EDGE, aÃnda que a complementan con
Wi-Fi).
A
confirmación do lanzamento do iPhone por parte de Telefónica chega desta volta
da web SevenClick, onde se comenta que non está pechado o acordo de
distribución entre Apple e Telefónica, pois entre outras cousas a operadora
estarÃa procurando reducir a marxe de ingresos sobre so contratos subscritos
con iPhone que irÃan a parar a Apple (fálase dun 30%).
Como aconteceu coa noticia publica en setembro polo ABC, a información de
SevenClick tamén provén de fontes non oficiais, polo que ata que se formalicen
os acordos entre Apple e Telefónica non se agarda un anuncio co calendario de
lanzamentos europeos do iPhone para 2008.
Novo firmware
O lanzamento británico do iPhone veu acompañado coa versión 1.1.2 do firmware do móbil de Apple co que se pretendÃa evitar o sistema de liberación do terminal mediante a simple visita a unha páxina web (asà como para mellorar o soporte lingüÃstico internacional do móbil) pero xa comezan a aparecer novos métodos para liberar os terminais acabados de chegar ó mercado europeo (tamén válido para os iPod Touch).
¿Problemas de radiación?
Pero a chegada do iPhone a Europa tamén está a dar lugar a informacións negativas que van dende crÃticas ás carencias do móbil de Apple ata a dúbidas sobre a súa seguridade, pois empresas coma Exradia (fabricante de baterÃas para móbiles) que denuncian que «Apple elixiu ignorar» o potencial problema para a saúde que poderÃan supor as emisións por radiofrecuencia que chegan dos terminais móbiles, aÃnda que a credibilidade deste anuncio sensacionalista parece responder ó feito de que Exradia comercializa solucións que neutralizan a suposta ameaza dos campos electromagnéticos sobre as células humanas e que, non se poden empregar no iPhone.