Telefónica incrementa o seu beneficio neto ata acadar un récord histórico

xoves, 28 de febreiro do 2008 Raquel Noya

Un ano máis, a favorable evolución dos negocios permitiulle ó Grupo Telefónica cumprir con tódolos obxectivos financeiros fixados para o exercicio 2007. A compañía vén de presentar as súas magnitudes económicas correspondentes ó pasado ano, no que o crecemento dos ingresos e o OIBDA foron dun 9,8 por cento e 12,8 por cento, respectivamente, mentres que o resultado operativo superou as previsións cun incremento do 27 por cento.
Segundo os seus directivos, “Telefónica pechou o 2007 consolidando a súa posición como unha das principais operadoras de telecomunicacións do mundo por número de clientes”, grazas fundamentalmente ó “éxito das campañas comerciais” o que lle permitiu pechar o exercicio con 228,5 millóns de accesos totais, o 12,5 por cento máis que en 2006.
Como resultado do espallamento do alicerce de clientes do Grupo, o importe neto da cifra de negocios (ingresos) en 2007 acada os 56.441 millóns de euros, o que representa un incremento interanual do 6,7 por cento.
En termos absolutos, Telefónica España é o meirande contribuidor aos ingresos do Grupo Telefónica, co 36,6 dos ingresos totais.

PUBLICIDADE