Telefónica inaugura a súa tenda Top na Coruña

martes, 12 de agosto do 2008 Raquel Noya

Mañá mércores día 13 de agosto, Telefónica vai presentar, no número 6 da Praza de Pontevedra da Coruña, unha das súas tendas Top, que se distingue das demais polo seu deseño de vangarda, a oferta integrada de tódolos produtos da compañía (ADSL, móbiles, datos...) e polo seu persoal “altamente especializado” que incluso fai demostracións dos dispositivos estreados en directo.
Trátase da primeira tenda Top da provincia da Coruña e da segunda de Galicia e é unha réplica da que se inaugurou hai unhas semanas na antiga sede de Telefónica na Gran Vía de Madrid onde, coincidindo co inicio da venda o ePhone, se formaron grandes colas para poder visitala.
O acto de inauguración dará comezo ás 12:00 horas e a el asistirán tanto os medios de comunicación como os directivos das empresas máis importantes da nosa Comunidade.

PUBLICIDADE