Telefónica deberá dar servizo maiorista de VoIP

xoves, 18 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Imaxe de Jason Nicholls ilustrando o concepto de VoIP

O consello da Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) aprobou a creación dun novo servizo maiorista de voz sobre IP polo que obriga a Telefónica a pór a disposición de operadores alternativos este tipo de comunicacións a prezos orientados a custos, non sendo preciso que se asocien a paquetes de banda larga e voz (ou sexa, que non se podía contratar a telefonía IP por separado).
A CMT tamén liberou completamente os mercados de tráfico, ou sexa, as chamadas de teléfonos fixos, de xeito que Telefónica xa non deberá presentar as súas ofertas ante a CMT (que podía paralizalas se as consideraba anticompetitivas) aínda que estes trámites non desaparecen no caso de que se asocie a voz a servizos de datos.

PUBLICIDADE