Strum, unha nova aplicación para iOS que fai vídeos musicais instantáneos

xoves, 13 de decembro do 2012 Marcus Fernández

A aplicación AutoRap (dispoñible para iOS e Android) acadou un éxito notable ao permitir dun xeito divertido e orixinal converter a nosa voz nun rap aplicando ritmos e efectos, e agora dende Smule decidiron coller este concepto, mesturalo cos típicos filtros que podemos ver en aplicacións como Instagram e aplicar todos iso ao vídeo en Strum, aplicación que vén de estrearse en iOS e que permite coller un vídeo de 15 que gravemos co iPhone ou o iPad e aplicarlle distintos efectos de audio e vídeo para convertelo nun divertido vídeo musical que poderemos compartir cos nosos amigos a través de Facebook, Twitter, correo electrónico e SMS.
A aplicación tamén facilita ver vídeos doutros usuarios (aos que podemos engadir como amigos), marcar que nos gustan e comentalos, ou sexa, que estariamos ante unha especie de Instagram de vídeos musicais que basea o seu modelo de negocio en que algúns dos filtros incluídos están bloqueados para o seu uso mediante pagamento.


Vídeo de presentación de Strum

PUBLICIDADE