Street Fighter VR chega aos salóns recreativos nipóns

luns, 20 de febreiro do 2023 Marcus Fernández

Non é raro que se adapten xogos populares á realidade virtual, e desta volta no Xapón están a dar tal tratamento a Street Fighter V, que buscará ter unha nova vida nos salóns recreativos dotados con cascos HTC Vive Pro 2, e que responderá a un título bastante evidente: Street Fighter VR.
O xogo de realidade virtual ten as mesmas normas que o xogo orixinal, e inclúe loitadores como Ryu, Zangief, Blanka e M. Bison, anunciándose que contará con até 8 finais diferentes, polo que sería un título bastante rexogable.
O xogo está xa dispoñible na Plaza Capcom Store de Hiroshima, e en abril levarase tamén a un centro comercial de Toyokawa, custando cada partida 1.200 iens (8,36 euros), polo que entendemos que ofrecerá unha experiencia bastante completa, que non sorprendería que no futuro puidese chegar a PlayStation VR2 e outras plataformas de realidade virtual.

Tráiler de Street Fighter VR

PUBLICIDADE