Stanza chega aos 12 millóns de e-books descargados no seu primeiro aniversario

martes, 14 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Os libros electrónicos non están restrinxidos á pantalla do ordenador ou aos Kindle de Amazon, senón que tamén gozan de moi boa aceptación noutros dispositivos móbiles coma o iPhone e iPod Touch, como constatan dende Lexcycle, compañía adquirida por Amazon e que é responsable da aplicación de lectura de e-books chamada Stanza, e que vén de superar os 12 millóns de libros electrónicos descargados.
Estes datos indicarían que moitos usuarios están dispostos a ler un libro completo nunha pantalla de tamaño reducido (e claramente máis transportable que un Kindle). De feito, Stanza xa conta con 2 millóns de usuarios, e aínda que dende Amazon aínda non saben cómo van encaixar este produto dentro da súa estratexia global de cara á explotación de libros electrónicos, parece claro que en só 1 ano de vida conseguiu acadar un éxito impresionante que podería marcar o camiño que vai seguir o sector editorial nos vindeiros anos.

PUBLICIDADE