Square Enix estrea o seu primeiro xogo para iPod
martes, 8 de xullo do 2008
Square Enix,
estudo que creou tÃtulos coma Final
Fantasy e Kingdom Hearts,
sorprendeu agradablemente co seu primeiro
xogo para reprodutores iPod, Song
Summoner: The Unsung Heroes que xa se vende dende iTunes a 4,99
euros (aÃnda que non está traducido ao español).
O novo tÃtulo sorprende por ser un RPG musical, que utiliza as cancións
almacenadas no iPod para convocar tropas (Tune
Troopers) e crear tácticas de combate. Un concepto realmente sorprendente,
especialmente nun momento no que os xogos musicais tenden a ser coma Guitar Hero.
O xogo contrólase coa roda de clic, de xeito que é tan doado de manexar como a
reprodución musical no iPod. Amais, cando esteamos a reproducir cancións no
iPod coas que creásemos unha tropa anteriormente incrementaremos
o seu poder.
Song Summoner é compatible con iPod
nano de 3ª xeración, iPod de 5ª xeración e iPod classic.
Trailer do xogo