Spotify estrea aplicación para Windows Phone 8

venres, 8 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Pouco a pouco o sistema operativo móbil Windows Phone 8 vai gañando peso, acollendo no seu catálogo as aplicacións máis populares, o que contribúe a que os usuarios atrévanse a dar o salto a terminais tan atractivos como os Nokia Lumia ou os HTC 8X e 8S, de aí que moitos reciban como boa nova a chegada de Spotify, o célebre servizo musical mediante streaming que agora pode levarse no peto nos últimos terminais con Windows Phone 8 (a aplicación xa estaba dispoñible para Windows Phone 7.5).
Para poder tirar proveito desta nova aplicación precisamos de ter unha conta Premium de Spotify, que facilita o acceso a millóns de cancións en mobilidade co pagamento de 9,99 euros/mes (a aplicación permite probar o servizo de balde durante 48 horas, existindo tamén a posibilidade de subscribir unha proba de 30 días do servizo) e o acceso ás listaxes de reprodución cando non teñamos acceso á Rede.
A aplicación permite buscar, explorar e reproducir millóns de cancións, explorar e reproducir as listaxes de reprodución dos nosos amigos, funciona tanto por Wi-Fi como mediante banda larga móbil, sincronízase sobre a marcha (podemos saltar de móbil a ordenador mantendo a reprodución no mesmo punto, marcar as nosas pistas favoritas e incluso recibir música dos nosos amigos a través dunha bandexa de entrada.

PUBLICIDADE