AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Splinter Cell: Conviction estrea demo para Xbox 360

xoves 18 de marzo do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Os usuarios da Xbox 360 que teñan contas Gold de Xbox LIVE estarán encantados de recibir hoxe, xusto antes dunha ponte festiva, a versión de demostración do xogo Splinter Cell: Conviction, que vén de incorporarse para a súa descarga no Bazar de Xbox LIVE, de xeito que os seguidores de Sam Fisher poderán continuar as súas aventuras, nesta ocasión na procura dunhas armas rusas de destrución masiva roubadas en Washington D.C., onde deberá traballar cos seus antigos compañeiros da axencia Third Echelon.
Este título que combina acción e sixilo chegará a PC e Xbox 360 o 15 de abril, pero os usuarios da consola de Microsoft poden gozar xa da demo, que permite probar o modo individual de xogo (que destaca polo seu sólido guión), mentres que a versión final contará con novos modos multixogador que aumentan a intensidade dramática, e incluso contará cunha campaña cooperativa con función de pantalla partida, o que agradecerán especialmente os que non gusten do xogo en liña e prefiran un contacto máis directo con outros xogadores.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS